Sunday 05 de May de 2024

Xornada de portas abertas e inchables na piscina do Muíño


A piscina do Muíño celebrou unha xornada de portas abertas da que moitas familias desfrutaron cos seus cativos e cativas. Inchables e tobogáns foron algúns dos entretementos instalados para a ocasión. As altas temperaturas e as boas condición meteorolóxicas desta xornada animaron a moitos e a moitas a achegarse ata as instalacións situadas no Campo da Feira. Ana Soneira, concelleira de Deportes do Concello de Ordes, foi unha das que non perdeu a oportunidade.